jueves, 28 de septiembre de 2017

Obradoiros Outonais

Bos días amantes da artesanía.

Xa hai uns días que chegou o outono, esa estación do ano en que as paisaxes se tiñen de cores, dende o vermello ata o amarelo unha paleta chea de combinacións, que pasa por todas as tonalidades.
Tempo de botarse os camiños e recorrer os montes en busca de cogumelos, castaña entre outros froitos.
Non perdas tempo, colle o teu cesto, (Que non tes cesto?? Na nosa asociación ensinamosche a facelo) goza da fin de semana, saíndo a dar un paseo polo campo, en familia ou con amigos é moi divertido.

Recordarvos que xa estamos cos obradoiros de outono-inverno

No hay comentarios:

Publicar un comentario