Cun tempo moi fermoso, xa que luciu o sol toda a
fin de semana, e dado que se fixo no local do Restaurante "O Sexto
Pino" tivemos unha luz marabillosa, que para facer encaixe é moi necesaria
para non forzar os nosos ollos.
As artesás participantes gozaron
moito coas ensinanzas de Alicia Sevilla, unha artesá encaixeira de primeira.
Este é o quinto obradoiro con ela, pois xa leva con nós case desde o comenzo da
nosa asociación, e agardamos continuar moitos anos máis. Aproveitamos tamén para
dar as grazas a Nila por deixarnos unha vez máis facer uso das súas instalacións. Restaurante O Sexto Pino .
Coma non podía ser doutro xeito xa
temos data para o vindeiro, será en Marzo o 23 e 24 do 2019.
Xa tedes a primerira data para
anotar na vosa axenda.
E agora unha ampla reportaxe
fotográfica.