Unha vez máis mergullámosnos na arte do encaixe de bolillos. Imos polo terceiro e seguiremos co cuarto, quinto, os que fagan falla.
Gústanos a perfección, e con estes obradoiros formámonos para conseguila, grazas a Alicia Sevilla que nos ensina pacientemente esta fermosa arte.
Sábado e domingo (a xornada completa) e se nos fai a pouco.
Coma sempre achegamos unha pequena reportaxe de como transcorreu a nosa fin de semana.