jueves, 28 de septiembre de 2017

Obradoiros Outonais

Bos días amantes da artesanía.

Xa hai uns días que chegou o outono, esa estación do ano en que as paisaxes se tiñen de cores, dende o vermello ata o amarelo unha paleta chea de combinacións, que pasa por todas as tonalidades.
Tempo de botarse os camiños e recorrer os montes en busca de cogumelos, castaña entre outros froitos.
Non perdas tempo, colle o teu cesto, (Que non tes cesto?? Na nosa asociación ensinamosche a facelo) goza da fin de semana, saíndo a dar un paseo polo campo, en familia ou con amigos é moi divertido.

Recordarvos que xa estamos cos obradoiros de outono-inverno

jueves, 14 de septiembre de 2017

Comenzos e Remates de Bolillos III

Boa noite amantes da artesanía.

Aquí seguimos preparando obradoiros, este é de encaixe de bolillos.



Queremos chegar á perfección, e nada mellor que facelo da man de Alicia Sevilla,                              unha gran encaixeira, que nos axudará cos seus coñecementos e a súa experiencia.                               
Xa sabedes coma sempre que as prazas son limitadas, se vos interesa aquí tedes
telf. de contacto: 628471836 - 609813934 

     Ser felices

domingo, 10 de septiembre de 2017

Sábado Artesán

Boas Noites amantes da artesanía.

Unha tarde intensa, entre cera, aceites esenciais, manteigas, etc.
Hoxe tivemos o noso obradoiro de cosmética natural, moi proveitoso e ameno, grazas á monitora Marilí que foi a que o impartiu.
Quedamos emprazados para repetir, xa que gustou moito a toda a xente que participou nel.
Como é costume deixámosvos unha pequena reportaxe, para que poidades ver a nosa labor.

       Antes                                                                                                                              



                                                    
 




                                                                             
                                              
Despois                      
                                   Moitas grazas                                                  
                               

viernes, 8 de septiembre de 2017

Escoitas música?

Ola amantes da artesanía.

Soa a música, si, o noso próximo obradoiro alegrará as vosas festas, reunións de amigos, familiares ou o que vós queirades animar.
Imos facer un obradoiro de pandeiros, un instrumento que abonda no folclore galego.


Este obradoiro a diferenza dos outros que fixemos ten un mínimo de idade, que será a partir dos 16 anos.
Será moi divertido, anímate e vén facer o teu!


Telf.de contacto: 628471836 - 609813934

lunes, 4 de septiembre de 2017

Comezamos Setembro

Bos días amantes da artesanía.

Despoís dos fogos de Ferrol "San Ramón" pechamos o mes de agosto e iniciamos ás nosas Actividades.
Comenzamos o sábado 9 de setembro cun obradoiro de cosmética natural (bálsamo labiaís e crema de mans).
A encargada de mostrarnos esta técnica será Marilí, traballaremos con produtos naturais, e sempre ecolóxicos, para coidar a nosa pel e o medio ambiente.
Temos que prepararnos para o cambio de estación, sempre e bo coidarse.

Agardámoste!